Titular do sitio web

DENOMINACIÓN SOCIAL: AYF SERVICIOS JURÍDICOS S.L.P

CIF: B36886117

DOMICILIO SOCIAL: R/ GARCIA OLLOQUI 6, 1º, 36201, VIGO, PONTEVEDRA

CONTACTO:

Teléfono: 986434377

Enderezo de correo electrónico: administracion@ayfabogados.com

DATOS DE INSCRICIÓN NO REXISTRO MERCANTIL:

Tomo: 2631

Folio: 405

Folla: 8

AVISO LEGAL

Seguindo o principio de transparencia do RXPD, a redacción destes avisos debe ser clara, accesible e escrita nunha linguaxe sinxela. En calquera caso, debe incluír un espazo para que o usuario denegue ou acceda.  No caso da web de AyF Avogados:

 

  • Aviso legal

En cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico, infórmase ao usuario que esta páxina web é titularidade de AYF SERVICIOS JURÍDICOS, S.L.P. (en diante, o titular ou AYF), con domicilio na rúa de García Olloqui 6, 1º, 36201, Vigo, Pontevedra e CIF B36886117, teléfono +34 986 434 377 e correo electrónico: administracion@ayfabogados.com

 

 

Dereitos de propiedade intelectual

Todos os contidos do sitio web ayfserviciosjuridicos.com (incluíndo, sen carácter limitativo, bases de datos, imaxes e fotografías, debuxos, gráficos e arquivo de texto) son propiedade de AYF SERVICIOS JURÍDICOS, S.L.P., dos provedores de contidos, e foron, neste último caso, obxecto de licenza ou cesión por parte destes, e están protexidos polas normas nacionais ou internacionais de propiedade intelectual. A recompilación, o deseño, a ordenación e a montaxe de todo o contido do sitio web son propiedade exclusiva de AYF SERVICIOS JURÍDICOS, S.L.P e contan coa protección das normas nacionais e internacionais de propiedade industrial e intelectual.

 

  • As marcas, os rótulos, os signos distintivos ou os logos do sitio web son titularidade de AYF SERVICIOS JURÍDICOS, S.L.P. e de terceiros, en ambos os casos debidamente rexistrados.

 

  • Os textos, os datos e os debuxos gráficos son propiedade de AYF SERVICIOS JURÍDICOS, S.L.P., das entidades provedoras de información, e non poden ser obxecto de ulterior modificación, copia, transformación, alteración, reprodución, adaptación ou tradución por parte de terceiros, sen a expresa autorización por parte do titular do devandito contido. A posta a disposición dos textos, datos e debuxos gráficos non implica, en ningún caso, a cesión da súa titularidade ou a concesión dun dereito de explotación, reprodución, difusión, transformación, distribución ou transmisión ao seu favor, distinto do dereito de uso que comporta a utilización lexítima de ayfserviciosjuridicos.com.

 

 

Manifestacións

AYF SERVICIOS JURÍDICOS, S.L.P. manifesta que este sitio web dispón da tecnoloxía adecuada para permitir o acceso e a utilización deste. Non obstante, AYF SERVICIOS JURÍDICOS, S.L.P. non se responsabiliza pola eventual existencia de virus ou outros elementos nocivos, introducidos por calquera medio ou por terceiros, que poidan producir alteracións nos seus sistemas informáticos.

 

O sitio web ayfserviciosjuridicos.com  podería conter inexactitudes, omisións relevantes, imprecisións ou erratas. Ademais, non se garante, en ningún caso, a veracidade, a exactitude e a actualidade dos datos contidos nel. O usuario que accede a ayfserviciosjuridicos.com exonera a AYF SERVICIOS JURÍDICOS, S.L.P. de calquera responsabilidade en relación coa fiabilidade, a utilidade ou as falsas expectativas que este sitio web puidese producirlle.

 

 

Limitación de responsabilidade

AYF SERVICIOS JURÍDICOS, S.L.P. non ofrece garantías de ningunha clase en canto ao funcionamento do sitio web ayfserviciosjuridicos.com  ou á información contida nel. AYF SERVICIOS JURÍDICOS, S.L.P. non será responsable dos danos ou perdas, de calquera índole, que poidan derivarse do uso do sitio web ayfserviciosjuridicos.com

AYF SERVICIOS JURÍDICOS, S.L.P. exclúe toda responsabilidade pola licitude, o contido e a calidade dos datos e as informacións ofrecidos por terceiras entidades a través do sitio web ayfserviciosjuridicos.com.

 

 

Ligazóns

Os titulares doutros sitios web que desexen crear unha hiperligazón a ayfserviciosjuridicos.com comprométense a non establecer ligazóns a sitios web nos que non apareza o logotipo de AYF SERVICIOS JURÍDICOS, S.L.P. e a non realizar manifestacións falsas, inexactas ou incorrectas, que poidan inducir a erro ou, en xeral, que sexan contrarias ás leis.

Os titulares doutros sitios web que desexen crear unha hiperligazón a ayfserviciosjuridicos.com comprométense, así mesmo, a non establecer hiperligazóns con sitios web que conteñan contidos, manifestacións ou propaganda de índole racista, xenófoba, pornográfica, de apoloxía do terrorismo e, en xeral, poidan prexudicar de calquera modo o bo nome ou a imaxe de AYF SERVICIOS JURÍDICOS, S.L.P.

A inclusión de hiperligazóns en ayfserviciosjuridicos.com non implica necesariamente que AYF SERVICIOS JURÍDICOS, S.L.P. manteña relacións mercantís ou vínculos asociativos co titular do sitio web no que se estableza a ligazón.

A presenza de hiperligazóns en ayfserviciosjuridicos.com  ten unha finalidade simplemente informativa, motivo polo cal, AYF SERVICIOS JURÍDICOS, S.L.P. non se responsabiliza nin outorga garantía de ningunha natureza, nin expresa nin implícita respecto á comerciabilidade, idoneidade, calidade, características, procedencia, comercialización ou calquera outro aspecto das informacións e/ou produtos e/ou servizos que se ofrezan a través do sitio web referenciado.

 

Protección de datos persoais

En cumprimento do disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se deroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), AYF SERVICIOS JURÍDICOS, S.L.P. garante a total privacidade dos datos persoais dos clientes e os usuarios do sitio web. Todos os datos persoais enviados a través dos formularios ou correos electrónicos que figuran na páxina web forman parte dun ficheiro titularidade de AYF SERVICIOS JURÍDICOS, S.L.P., que foi debidamente inscrito no Rexistro Xeral de Protección de Datos.

 

Os datos de carácter persoal recollidos a través da web AYF SERVICIOS JURÍDICOS, S.L.P. serán obxecto de tratamento coa finalidade de xestionar a súa compra así como a súa solicitude de información e/ou consulta.

 

Así mesmo, infórmase de que pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición en relación cos seus datos persoais mediante escrito dirixido ao domicilio social da entidade ou ao enderezo de correo electrónico administracion@ayfabogados.com.

 

 

 

Comunicacións comerciais

AYF SERVICIOS JURÍDICOS, S.L.P. é contraria ao spam e así, en cumprimento do disposto na Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, non lles enviará comunicacións comerciais non desexadas aos usuarios que poidan ceder os seus datos e cos cales non existise relación comercial previa, a non ser que o usuario o autorice expresamente.

 

AYF SERVICIOS JURÍDICOS, S.L.P. recoñece a grande importancia que ten para os seus clientes a privacidade da información persoal facilitada polos seus usuarios, de tal maneira que se calquera usuario recibise por correo electrónico calquera comunicación comercial que non fose solicitada, rogamos se poña en contacto connosco, coa finalidade de evitar que se volva repetir esa situación (+34 986 43 43 77 e correo electrónico: administracion@ayfabogados.com).

 

 

Xurisdición e lei aplicable

As condicións xerais expostas no correspondente aviso legal rexeranse pola lexislación e a xurisdición española, e son competentes para a resolución de calquera conflito que puidese derivarse das presentes condicións os xulgados e tribunais de Pontevedra.